A plataforma mareomotriz galega Magallanes

O pasado 30 de outubro de 2015, tivo lugar en Vigo a botadura do trimarán para aproveitamento de enerxía mareomotriz Magallanes, deseñada e construída integramente en Galicia. A iniciativa corresponde á empresa Magallanes Renovables e a construcción ao estaleiro galego Cardama, ubicado en Vigo.

As mareas suben e baixan, este movemento xera correntes que nalgunhas áreas do mundo son moi elevadas, de xeito que, segundo datos da Axencia Internacional da Enerxía, as mareas poderían supoñer 1.2 millóns de MWh/ano, é dicir, un 7.5% de toda a enerxía mundial.

O aspecto que presenta o artefacto é:

Captura de pantalla 2015-11-08 a las 18.12.51Imaxe 1: Plataforma flotante Magallanes. Fonte.

O artefacto flotante ou trimarán é de aceiro e inclúe un tubo cunha parte sumerxida onde se instalan os hidroxeradores. A plataforma atópase fondeada con dúas líneas de ancoraxe, a proa e a popa. Que sexa flotante implica menores custes de mantemento e de transporte ata a ubicación elixida. As principais características da plataforma son:

  • Peso: 350 Tm
  • Calado: 25 m
  • Eslora: 42 m
  • Manga: 25 m
  • Potencia: 2 MW
  • 2 rotores orientables: 19 m diámetro.

A cronoloxía que se seguíu foi:

Captura de pantalla 2015-11-08 a las 18.11.49

Imaxe 2: Cronoloxía do proxecto. Fonte.

Leave a comment