Eólica mariña na escola

O xoves 9 de Marzo de 2023 fomos a dar unha charla sobre Eólica mariña ao CEIP de Pazos en Ferrol (A Coruña).

O magnífico público eran rapaces de entre 3 a 11 anos que cursan Educación Infantil e Educación Primaria en dita escola.

A rapazada puido aprender un pouco máis das enerxías renovables e da eólica mariña, vendo como funcionaba un aeroxerador e tocando coas súas propias mans as plataformas eólicas mariñas fixas tipo jacket e monopilote feitas con LEGO.

Figura 1: Almudena Filgueira Vizoso e Laura Castro Santos na visita ao CEIP Pazos

Leave a comment