Un dos primeiros ordenadores de Apple no lixo

En California (Estados Unidos) apareceu entre trastos electrónicos vellos un dos primeiros 200 ordenadores creados pola multinacional Apple.

A muller que se desfixo do aparello, duns 60 anos, non tivo en conta que o Apple I, construído polas mans de Steve Jobs, Steve Wozniak e Ron Wayne en 1976, ten un valor incalculable para tódolos curiosos destas novas tecnoloxías.

afp_20150601_170659173

Cando os responsables do vertedoiro atoparon esta xoia informática puxéronse en contacto cun museo para venderlo por 200.000 €. Agora buscan á súa auténtica dona para repartir o cheque con ela.

Impresionante.

Leave a comment