Xornada Enerxía eólica mariña de BlueFloat Energy

O pasado día 15 de Marzo tivo lugar no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña unha Xornada de Eólica Mariña. Nela, Helena Brage Porral (ver Figura 1), antiga alumna da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Business Development Manager de BlueFloat Energy, falou do contexto e situación da enerxía eólica mariña, de por que é clave esta enerxía, do desenvolvemento técnico de proxectos de eólica mariña flotante e das oportunidades de futuro, coma a xeración de emprego nas distintas fases do proxecto dun parque (fases de estudo en enxeñaría, construción, operación e mantemento dos parques).

Deu unha charla maxistral e moi instructiva na que, tanto alumnado coma profesionais do sector, puideron descubrir as principais características desta nova tecnoloxía, sobre todo da eólica mariña flotante, que será a que ten posibilidades de instalarse en augas galegas.

Figura 1: Helena Brage durante a explicación dos novos POEM en Galicia.

O Parque Eólico Mariño Flotante Nordés estará ubicado entre Cedeira e Cariño (A Coruña) e contará cun total de 525 MW de potencia instalada, cunha distancia á costa de máis de 30 km, cubrindo o 13% do consumo eléctrico actual de Galicia.

Leave a comment